Preme na imaxe para atopar actividades
Nesta tes máis actividades
Despois do festival e do recreo tiñamos fame, pero non por moito tempo, pois a Anpa invitounos a chocolate con churros e compartimos merenda cos compañeiros e compañeiras do primeiro andar.
Como nos dixeron que tiñamos que presentar o festival e que había que vir guapos e elegantes aproveitamos para sacar unhas fotos moi especiais posando como verdadeir@s modelos.
No proxecto competencial seguimos coñecendo os países do alumnado, e desta vez, seguindo co ciclo festivo investigamos como se celebra o Nadal en Brasil, Venezuela, Filipinas e México.
Os nosos compañeiros Jéssica e Gabriel formaron parte do xurado do concurso da postal e cartel de Nadal do Concello de Carballo, Alí tiveron un arduo traballo para escoller as mellores.
Hoxe foron invitados para axudar na entrega de premios. Daba gusto velos desempeñar esa nova función para eles.
O día 14, un xoves de mercado coma sempre, o alumnado de quinto e sexto nivel puxemos e atendemos un posto no Mercado de Abastos.
Agradecemos ao Concello e aos traballadores e traballadoras do Mercado todas as facilidades que nos deron.
Foi moi boa experiencia, na que non faltou a publicidade, o márketing, o bo trato coa clientela, a amabilidade en todo momento, e como non, tamén as ganancias.
Mirade que ben o pasamos.
Esta semana tivemos unha actividade moi interesante para coñecer mellor a nosa contorna.
Trátase da actividade ESPÍAS NO BOSQUE, con Senda Nova, coa que aprendemos a descubrir os animais que viven na nosa contorna.
Comezamos luns cunha actividade na aula, coñecendo os posibles animais que podemos atopar se saímos ao bosque, tamén curioseamos nunha caixa de indicios e Jose ensinounos como preparar un caderno de indicios para recoller as nosas propias descubertas.
O venres fomos á Laracha, concretamente á parroquia de Montemaior, e alí fixemos unha andaina polo río Bardoso. Descubrimos pasos de fauna, intentamos descobrer de que eran os excrementos que atopamos, saltamos regatos, usamos o noso caderno de indicios, e gozamos dunha fermosa mañá no medio da natureza,
Neste vídeo podedes ver as fotos dos dous días.
Xa coñecemos un pouco mellor Venezuela e Brasil.
No vindeiro ano coñeceremos tamén México, Filipinas, Paquistán e quen sabe cantos países máis.
Agora chega o Nadal así que toca investigar como se celebra o Nadal neses países.
Se premes na imaxe vas atopar moitas ligazóns que che falan das datas, das celebracións, rituais, música, gastronomía....
Con iso vas ter que facer un traballo en grupo , así que vai mirando
Se premes na imaxe abrirase unha recompilación de recursos cos que aprenderás moito do Nadal en Galicia
Brasil Mural by semprebenchegados on Scribd
Non todo foi ler e escribir.... Tamén experimentamos coa súa gastronomía E aquí tedes como fixemos BRIGADEIROS E rematamos cunha caipirinha SEN ALCOOLHPois sí, con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira tivemos un achegamento á regueifa, e estamos dispost@s a intentalo.
Dentro do Proxecto Benchegados o alumnado recompilou a que se lle ten medo nos distintos países dos que proceden.
Aquí tes esa recompilación terrorífica
UN MUNDO DE MEDO by semprebenchegados on Scribd