Buscar neste blog

domingo, 27 de febreiro de 2022

ORGULLOSA DO MEU GRUPO

Orgullosa do grupo porque , ante todo, estou certa de que son boas persoas, e iso, neste mundo no que vivimos, é moi importante e moi escaso. Vendo o que podedes ver no vídeo sinto que o meu traballo serve para algo. Tamén que só é posible chegar a isto coa colaboración das familias. Estou orgullosa de tod@s el@s, e as familias tamén deberían estalo.

OBRADOIRO DE ANTEFACES

PRIMEIRAS NOCIÓNS DE PROGRAMACIÓN. ROBÓTICA

ENTROIDO 2022

 Que ganas tiñamos de festa!

Comezamos co xoves de compadres, continuamos co xoves de comadres, e que comadres!, e hai que ver como celebramos o venres do entroido. 

Fixemos un desfile por todo o barrio, merendamos chocolate e despois menudo fin de festa con baile incluído.

Xa nos tarda o do ano vindeiro.


xoves, 24 de febreiro de 2022

CAMIÑO DOS FAROS. ETAPA 4 LAXE - AROU

Estamos coñecendo o tramo que nos tocou do Camiño dos Faros. Aquí compartimos con vós o percorrido e algunhas fotos das paisaxes.

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o día de Rosalía aportando o noso poema ao pensamento, flor preferida da poetisa. 

 



 

 Despois fixemos unha ximcana na biblioteca buscando libros agochados, para o que seguimos pistas ata atopalos. O premio, o agasallo dun fermoso pensamento que imos coidar na clase.

II CARREIRA DO CORAZÓN

 Aínda que cun pouco retraso con respecto ao día dos Namorados, celebrámolo coidando os nosos corazóns. Para iso unha boa carreira onde gañamos todos e todas un pouco máis de saúde.

 

DIGICRAFT

 Por fin comezamos co proxecto DIGICRAFT. Xa levamos unhas cuantas sesións nas que fixemos unha avaliación inicial, aprendemos a usar o Google Maps, o Asistente de Google, Barcode Scanner, o Tradutor... aplicacións coas que investigamos moitas cousas, entre elas a vida e obra de moitas mulleres Científicas o Día da Muller e a Nena na Ciencia



luns, 7 de febreiro de 2022

O ENTROIDO EN GALICIA

 Primeiro vas investigar con esta Caza do Tesouso

Preme na imaxe e segue as instrucións


E como xa saberás moitas cousas xa podes facer este Brincaletras



A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...