Buscar neste blog

martes, 29 de marzo de 2022

MELLORANDO A NOSA TÉCNICA SURFEIRA

Lembrando a marabillosa esperiencia surfeira do curso pasado, esta mañá volvemos facer actividades de surf no colexio, preparándonos para a actividade que faremos a finais do mes de maio , desta vez na praia de Razo. Xa nos tarda

MÁIS DIGICRAFT

Seguimos coas sesións de Digicraft. Desta vez estivemos utilizando unha aplicación que nos da o nome das imaxes en varios idiomas, incluídos o chino, xaponés, coreano.... Outra sesión experimentamos a realidade aumentada, primeiro co Marge cube, que nos permitiu ter o Sistema Solar nas nosas mans, pero despois puidemos ata ter uns dinosauros camiñando pola aula, ou subidos a unha cadeira.

mércores, 23 de marzo de 2022

FRACCIÓNS

Las fracciones, una ficha interactiva de AaronGomez
liveworksheets.com
Fracciones, una ficha interactiva de elprofejuanjo
liveworksheets.com

martes, 15 de marzo de 2022

SAÍDA A SANTIAGO

 O 11 de Marzo ameazaba chuvia, pero aínda así fomos a Santiago e hai que ver o ben que o pasamos.

Comezamos no Museo de Historia Natural, onde as Anas nos ensinaron moitísimas cousas sobre os seres vivos e tamén sobre minerais, rochas, xemas, meteoritos, fósiles....

Ata un Scape Room tivemos. 

Despois, no Museo do Pobo Galego seguimos un xogo de pistas averiguando moita información en equipo.

Xantamos na Cidade da Cultura e aproveitamos para subir e baixar por un xigantesco tobogán.

Quedábanos un paseiño polo casco vello de Santiago, entrando pola praza do obradoiro, coa catedral, un paseíño pola rúa do Franco ata a Alameda onde .... por fin .... comezou a chover, cando xa tiñamos que volver á casa.


MAN DE CAMELLE, QUEN FOI

 

8 M 2022

O 8 de marzo celebramos o día da Muller. Tocounos estudar a unha muller importante porque o seu traballo viaxou no Titanic. Era Concepción Rodríguez, mestra e palilleira da Ponte do Porto Aquí vedes a exposición de libros de de todas as mulleres do Camiño dos Faros que estudamos entre todo o colexio. 


 

luns, 7 de marzo de 2022

REPASO DE MATEMÁTICAS

 

domingo, 6 de marzo de 2022

Traballo dunha muller galega no Titanic. 8 de Marzo, día da muller

 Seguindo co Camiño dos Faros temos a historia dunha muller do Concello de Camariñas, a onde nós chegamos na nosa etapa, que traballaba facendo puntillas de encaixe e que o seu traballo está relacionado co Titanic. 

Queres coñecer a súa historia?

Pois vai premendo nas imaxes e le








A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...