Buscar neste blog

martes, 23 de maio de 2023

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

 Polas Letras Galegas tivemos unhas actividades especiais. Disfrutamos dun contacontos onde aprendemos moito sobre o coidado do medio ambiente.


Preparamos un traballo sobre o hórreo, e preparamos un  mural para a carreira da lingua onde aprendemos moito vocabulario.




SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

 Participamos na Semana do Libro e a lectura  acudindo a un Contacontos con Celso Fernández Sanmartín que nos contou varias historias e ensinounos trabalinguas que nos gustaron moito.

Tamén visitamos a exposición con traballos de todos os colexios de Carballo como podemos ver nestas fotografías. 






CONCURSO VALENTINA

Participamos no concurso Valentina que convoca Maruxas de  nata. Estes foron os nosos debuxos falando da inclusión. 



Horta primaveral

 A nosa horta xa ten unhas preciosas patacas, as acelgas e espinacas xa poden recollerse e aproveitamos para regar as fabas e plantar cabazas que recolleremos no outono,...., se temos sorte. 



martes, 2 de maio de 2023

A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...