Buscar neste blog

venres, 26 de abril de 2024

A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas aprendemos a escribir novas, e tamén a interpretalas. 

Participando no Programa de La Voz de Galicia, La Voz en la Escuela, tivemos xornal todos os días que aproveitamos para descubrir: 

- o que o cambio climático está provocando moi preto de nós....




Como rapazas moi preto de nós se converten en grandes científicas....

Tamén nos preocupa o que está pasando coas obras no noso barrio:

 Gustounos fedellar nos pasatempos:

E moito, moito máis:












SEMANA DO LIBRO

 

Un ano máis participamos na SEMANA DO LIBRO E A LECTURA que organizan desde o Concello.

Ademais de ver a exposición dos traballos dos distintos colexios tivemos unha sesión de contacontos con SOLEDAD FELLOZA, 

Estas son as fotos que sacamos aquel día.



 

PROGRAMA SEGURA MENTE

 Durante os meses de marzo e abril  e dentro do programa Eduemprende o noso alumnado participou no Gran Tour por todas as Comunidades Autónomas do proxecto SEGURA MENTE, no que ademais de lembrar moitos coñecementos de todas as Comunidades, aprenderon a gastar os cartos de forma razoada, deixando algúns para os imprevistos, aforrando, escollendo entre distintas opcións de gastos, etc, iso si, sempre de forma divertida. Estas son algunhas das fotos que sacamos. 







sábado, 6 de abril de 2024

8 de marzo, día da MULLER

Ese día tan especial lembramos moitas mulleres importantes na historia. Foi así como construímos entre todas e todos un abecedario de mulleres. Sabes quen son?

A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...