Buscar neste blog

xoves, 9 de maio de 2024

SAÍDA A SOMESO E MUNCYT

 Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A Coruña.

Alí dúas profes ensináronnos o que era o emprendemento e como facer o noso proxecto de emprendemento do concurso Atrévete .  A ver se nos imos atrevendo....

Despois ensináronnos todo o centro, onde hai moitas posibilidades de Formación Profesional: madeira, automoción, peluquería  e estética, etc....

Tamén nos ensinaron A Vieira, unha casa bioclimática que aproveita a súa orientación e a súa forma, cunha viseira, para que entre máis sol no inverno e menos no verán, tamén unha cociña solar, que quentou a pota aínda que había nubes....

Despois de xantar e troulear un pouco na praia de Riazor fomos andando polo paseo marítimo de A Coruña ata o Muncyt, onde un monitor moi amable nos guiou por todo o museo explicándonos e facéndonos descubrir cun xogo moooooooitas cousas  de todo o que alí se exhibe.

Un día moi completo.


mércores, 8 de maio de 2024

COMIDA DE FILIPINAS

 Seguindo co proxecto Sempre Benchegados viaxamos estas semanas a Filipinas e hoxe tocou degustar a súa gastronomía. Fixemos un prato moi tradicional, o polo en adobo filipino, con salsa de soia, vinagre e polo. Podes ver como o fixemos paso a paso no vídeo. 

Tamén probamos un brazo de Mercedes de sobremesa, aínda que nunha versión libre.

Pero estaba rico, rico. 





SAÍDA A SOMESO E MUNCYT

 Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A C...