Buscar neste blog

luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ

Celebramos o día da Paz dun xeito moi bonito: facendo voar poemas de paz e de amor. Nós escollemos o de Celso Emilio Ferreiro Teño un corazón senlleiro, que na voz de María sona fermosísimo.

ALIMENTOS DO REINO DOS FUNGOS

Cultivamos na aula uns cogomelos e quixemos probalos así que fixemos un revolto con ovos. Así probamos alimentos de varios reinos: - Os cogomelos, do reino dos fungos. - Os ovos, do reino dos animais. - O aceite de oliva, do reino dos vexetais, igual que o allo e o pirixel.

CHARLA COA DIETISTA...e máis

Estamos aprendendo moito sobre a alimentación, e este venres tivemos unha actividade moi interesante. Veu Tania, unha nutricionista, que nos explicou como debemos alimentarnos para estar ben nutrid@s. Trátase de ter unha alimentación variada e saudable. Neste vídeo podedes ver algunhas das cousas que aprendemos. O mellor foi o final,.... mirade e veredes.

SEGUNDA ETAPA DA VOLTA AO MUNDO. PARÍS

Imos coñecer agora o que visitou Phileas Phog na segunda etapa da viaxe. 
Foi unha pequena parada en París.
Coñecerás moitas cousas deste país se premes nos seguintes números
1 2 3 4 5 6 7 8 9
 

venres, 13 de xaneiro de 2023

ALIMENTOS DOS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS

Aprendemos que temos alimentos que proceden dos cinco reinos dos seres vivos. 

Para comezar fixemos sushi, para o que utilizamos:

  • Do reino dos protistas: láminas de alga nori.
  • Do reino vexetal: arroz e aguacate.
  • Do reino animal: salmón afumado 

 Neste vídeo podes ver o proceso completo para facelo e podes probalo.

Para rematar podes engadirlle un pouco de salsa de soia, ou un pouco vinagre se non a tés. 





Do reino dos fungos e das bacterias probamos o kéfir, que está formado por fermentos (fungos) e bacterias



E preme AQUÍ  se queres máis información


TOC TOC



luns, 9 de xaneiro de 2023

OS SERES VIVOS


 

 

Preme na imaxe


 

CAPÍTULO 1: LONDRES

A historia comeza en Londres. Vas investigar sobre a cidade, o país, o autor..... 

O AUTOR: JULIO VERNE.

Atoparás información premendo nestes números: 1  2  3  4

O PAÍS: REINO UNIDO

TURISMO     WIKIPEDIA    CIDADES

MÁIS

GASTRONOMÍA                    4

 A CIDADE: LONDRES

1    2    3    4

 

 

 

A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...