Buscar neste blog

xoves, 9 de xuño de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ainda que o Día do Medio Ambiente foi o domingo 5 de xuño nós celebrámolo hoxe indo a ver os carteis que puxeron no bosque. 

Que bonito foi ver o noso traballo no Bosque do Añón onde o pode ver todo o mundo. 

E que orgullo ver alí o noso nome.

 Pasamos unha mañá estupenda paseando ata alí e repasando as árbores que xa sabemos identificar. 

Tamén vimos os cambios propios da primavera, flores e froitos nalgunhas árbores.... 

E ata saímos na prensa. Podedes ver aquí un vídeo que publicaron nas redes. 

E no seguinte vídeo as fotos que fixeron ao longo da mañá.

TEATRO DO IES ALFREDO BRAÑAS

O alumnado de 4º, 5º e 6º nivel foI ao Pazo da Cultura invitado polo IES Alfredo Brañas. Alí disfrutamos dunha obra de teatro moi divertida. Moitas grazas pola invitación.

domingo, 5 de xuño de 2022

5 de XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ao longo do curso o noso alumnado investigou a través dunha webquest ou por medio de proxectos en Educación Infantil sobre a fauna e flora do Rio Anllóns . Aquí podedes ver os carteis que fixeron. Moi content@s porque o Concello de Carballo escolleu algúns deles para poñelos na beira do río e compartir así os nosos traballos. O día 7 estamos invitados á inauguración dos carteis.

Libriño Fauna e Flora Da Ribeira Do Anllóns by Consuelo Alvarez on Scribd

mércores, 1 de xuño de 2022

A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...