Buscar neste blog

luns, 19 de xuño de 2023

xoves, 15 de xuño de 2023

Picnic con hamburguesas

Aproveitando o bo día que tivemos hoxe xantamos xunt@s todo o alumnado de Sexto e Quinto nivel nas zonas verdes do colexio. Cociñamos nós mesm@s unhas saborosísimas hamburguesas. Ricas, ricas..... Ah, e non faltou a sobremesa e a sesión musical.

MUSICAL NO PAZO DA CULTURA

O IES Alfredo Brañas, ao que pronto irán moitos d@s nos@s compañeir@s de Sexto , convidounos á estrea dunha obra teatral musical basada na película Grease. Gustounos moito. Temos neste vídeo algunhas fotos que fixemos.

mércores, 7 de xuño de 2023

Angulos, una ficha interactiva de sadsdfs
liveworksheets.com
Angulos, una ficha interactiva de jaidermanuel30
liveworksheets.com

martes, 6 de xuño de 2023

ROLOS DE FOLLADO CON ACELGAS

 Continuando co proxecto Cóidome, cóidate, coidámonos, hoxe aprendemos a cociñar e comer as acelgas que sementamos en marzo e colleitamos estes días.

Son uns rolos de follado, con friame e queixo. Se queres aprender a facelas só tes que seguir os pasos no vídeo.



ECOSISTEMAS

 Aquí podes ver os nosos traballos sobre un ecosistema. 



Horta para o outono

Pois despois de regar estes días e en vista de que aínda non estàn as patacas preparadas para recoller, imos deixar patacas, cebolas e fabas para recoller no outono.

No espazo que nos quedaba na horta sementamos cabazas, que boa falta nos farán no outono para o Samaín. De momento xa agromaron.







A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...