Buscar neste blog

venres, 22 de decembro de 2023

POSANDO POR NADAL

 Como nos dixeron que tiñamos que presentar o festival e que había que vir guapos e elegantes aproveitamos para sacar unhas fotos moi especiais posando como verdadeir@s modelos.



SEMPRE BENCHEGADOS NADAL

No proxecto competencial seguimos coñecendo os países do alumnado, e desta vez, seguindo co ciclo festivo investigamos como se celebra o Nadal en Brasil, Venezuela, Filipinas e México. 


 

sábado, 16 de decembro de 2023

ENTREGA DE PREMIOS DA POSTAL DE NADAL NO NADAL CULTURAL DE CARBALLO

 Os nosos compañeiros Jéssica e Gabriel formaron parte do xurado do concurso da postal e cartel de Nadal do Concello de Carballo, Alí tiveron un arduo traballo para escoller as mellores.

Hoxe foron invitados para axudar na entrega de premios. Daba gusto velos desempeñar esa nova función para eles.

MERCADO DE NADAL

 O día 14, un xoves de mercado coma sempre, o alumnado de quinto e sexto nivel puxemos e atendemos un posto no Mercado de Abastos.

Agradecemos ao Concello e aos traballadores e traballadoras do Mercado todas as facilidades que nos deron.

Foi moi boa experiencia, na que non faltou a publicidade, o márketing, o bo trato coa clientela, a amabilidade en todo momento, e como non, tamén as ganancias. 

Mirade que ben o pasamos.

ESPÍAS NO BOSQUE

Esta semana tivemos unha actividade moi interesante para coñecer mellor a nosa contorna.

Trátase da actividade ESPÍAS NO BOSQUE, con Senda Nova, coa que aprendemos a descubrir os animais que viven na nosa contorna. 

Comezamos luns cunha actividade na aula, coñecendo os posibles animais que podemos atopar se saímos ao bosque, tamén curioseamos nunha caixa de indicios e Jose ensinounos como preparar un caderno de indicios para recoller  as nosas propias descubertas.

O venres fomos á Laracha, concretamente á parroquia de Montemaior, e alí fixemos unha andaina polo río Bardoso. Descubrimos pasos de fauna, intentamos descobrer de que eran os excrementos que atopamos, saltamos regatos, usamos o noso caderno de indicios, e gozamos dunha fermosa mañá no medio da natureza, 

Neste vídeo podedes ver as fotos dos dous días. 

 


A PRENSA NA ESCOLA

 Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas apren...