Esta semana tivemos unha actividade moi interesante para coñecer mellor a nosa contorna.
Trátase da actividade ESPÍAS NO BOSQUE, con Senda Nova, coa que aprendemos a descubrir os animais que viven na nosa contorna.
Comezamos luns cunha actividade na aula, coñecendo os posibles animais que podemos atopar se saímos ao bosque, tamén curioseamos nunha caixa de indicios e Jose ensinounos como preparar un caderno de indicios para recoller as nosas propias descubertas.
O venres fomos á Laracha, concretamente á parroquia de Montemaior, e alí fixemos unha andaina polo río Bardoso. Descubrimos pasos de fauna, intentamos descobrer de que eran os excrementos que atopamos, saltamos regatos, usamos o noso caderno de indicios, e gozamos dunha fermosa mañá no medio da natureza,
Neste vídeo podedes ver as fotos dos dous días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario