Buscar neste blog

mércores, 21 de febreiro de 2024

SABORES DE MÉXICO

Seguindo co proxecto BENCHEGADOS , facemos unha paradiña nos sabores de MÉXICO Fixemos tortas de millo con polo e verduriñas, queixadiñas con tortas de trigo, probamos moitas salsas, grazas á nai de Samuel que nolas proporcionou, e non nos faltou sobremesa, con laranxa con tajín, nin bebida, con auga de Xamaica. Aquì podedes ver as fotos da actividade E se queres practicar algunha receita podes premer AQUÍ

martes, 20 de febreiro de 2024

sábado, 3 de febreiro de 2024

Xa está chegando o Entroido

 




 
 
 
 
 
 


 

 
 
 
 
 


PLAN DIRECTOR da Garda Civil contra o Ciberacoso

 Tivemos este xoves unha actividade moi interesante.

Sergio, un garda civil que xa coñecemos desde hai tempo veunos falar do Ciberacoso, e aprendemos moitas cousas interesantes para protexernos nas redes sociais.

A charla formaba parte do Plan Director da Garda Civil.

Se premes na imaxe atoparás moita información ao respecto. 


 

DÍA DA PAZ

 Este 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, Para iso axudamos a facer un mural con iconos de cores facendo un precioso Arco da Vella.

Despois tamén buscamos as mellores cualidades d@s nos@s compañeir@s e contribuímos a crear a árbore da Paz. Tamén coñecemos algo máis a Gandhi, John Lennon e Malala. 



domingo, 28 de xaneiro de 2024

xoves, 11 de xaneiro de 2024

venres, 22 de decembro de 2023

POSANDO POR NADAL

 Como nos dixeron que tiñamos que presentar o festival e que había que vir guapos e elegantes aproveitamos para sacar unhas fotos moi especiais posando como verdadeir@s modelos.



SEMPRE BENCHEGADOS NADAL

No proxecto competencial seguimos coñecendo os países do alumnado, e desta vez, seguindo co ciclo festivo investigamos como se celebra o Nadal en Brasil, Venezuela, Filipinas e México. 


 

sábado, 16 de decembro de 2023

ENTREGA DE PREMIOS DA POSTAL DE NADAL NO NADAL CULTURAL DE CARBALLO

 Os nosos compañeiros Jéssica e Gabriel formaron parte do xurado do concurso da postal e cartel de Nadal do Concello de Carballo, Alí tiveron un arduo traballo para escoller as mellores.

Hoxe foron invitados para axudar na entrega de premios. Daba gusto velos desempeñar esa nova función para eles.

MERCADO DE NADAL

 O día 14, un xoves de mercado coma sempre, o alumnado de quinto e sexto nivel puxemos e atendemos un posto no Mercado de Abastos.

Agradecemos ao Concello e aos traballadores e traballadoras do Mercado todas as facilidades que nos deron.

Foi moi boa experiencia, na que non faltou a publicidade, o márketing, o bo trato coa clientela, a amabilidade en todo momento, e como non, tamén as ganancias. 

Mirade que ben o pasamos.

ESPÍAS NO BOSQUE

Esta semana tivemos unha actividade moi interesante para coñecer mellor a nosa contorna.

Trátase da actividade ESPÍAS NO BOSQUE, con Senda Nova, coa que aprendemos a descubrir os animais que viven na nosa contorna. 

Comezamos luns cunha actividade na aula, coñecendo os posibles animais que podemos atopar se saímos ao bosque, tamén curioseamos nunha caixa de indicios e Jose ensinounos como preparar un caderno de indicios para recoller  as nosas propias descubertas.

O venres fomos á Laracha, concretamente á parroquia de Montemaior, e alí fixemos unha andaina polo río Bardoso. Descubrimos pasos de fauna, intentamos descobrer de que eran os excrementos que atopamos, saltamos regatos, usamos o noso caderno de indicios, e gozamos dunha fermosa mañá no medio da natureza, 

Neste vídeo podedes ver as fotos dos dous días. 

 


sábado, 25 de novembro de 2023

NADAL NO MUNDO

 Xa coñecemos un pouco mellor Venezuela e Brasil.

No vindeiro ano coñeceremos tamén México, Filipinas, Paquistán e quen sabe cantos países máis.

Agora chega o Nadal así que toca investigar como se celebra o Nadal neses países.

Se premes na imaxe vas atopar moitas ligazóns que che falan das datas, das celebracións, rituais, música, gastronomía....

Con iso vas ter que facer un traballo en grupo , así que vai mirando



venres, 24 de novembro de 2023

PARA SABER DO NADAL DE GALICIA

  Se premes na imaxe abrirase unha recompilación de recursos cos que aprenderás moito do Nadal en Galicia



SABORES DE MÉXICO

Seguindo co proxecto BENCHEGADOS , facemos unha paradiña nos sabores de MÉXICO Fixemos tortas de millo con polo e verduriñas, queixadiñas c...