Buscar neste blog
martes, 25 de febreiro de 2025
VISITA A SOMESO E ACURIUM FINISTERRAE
Dentro do programa Atrévete, de Eduemprende, fomos hoxe ao Centro de Formación Profesional de Someso en A Coruña, onde nos explicaron o que significa o emprendemento, e como deberiamos facer para participar no concurso Atrévete.
Pero o mellor foi despois , xa que coñecemos o centro, visitamos os seus talleres, explicáronnos cales son as cinco familias profesionais que teñen, que posibilidades de formación teríamos alí, e ata vimos a Vieira, unha casa bioconstruída, para aproveitar da mellor maneira posible os recursos naturais, e na que consumiríamos moi pouca enerxía, xa que aproveitariamos mellor os que nos ofrece a natureza.
Despois fomos xantar ao Acuarium Finisterrae, e tivemos unha visita guiada con Raquel, que nos gustou moito.
Aquí tedes o vídeo coas fotos de todo o día.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
O relevo de costa , una ficha interactiva de Piriquitera live worksheets.com O relevo de interior , una ficha interactiva de Pi...
-
E como unhas cousas levan a outras, non íamos botar a perder a pinturaa de tea que nos sobrou dos disfraces, así que pintamos unhas bolsas c...
Ningún comentario:
Publicar un comentario