O 11 de Marzo ameazaba chuvia, pero aínda así fomos a Santiago e hai que ver o ben que o pasamos.
Comezamos no Museo de Historia Natural, onde as Anas nos ensinaron moitísimas cousas sobre os seres vivos e tamén sobre minerais, rochas, xemas, meteoritos, fósiles....
Ata un Scape Room tivemos.
Despois, no Museo do Pobo Galego seguimos un xogo de pistas averiguando moita información en equipo.
Xantamos na Cidade da Cultura e aproveitamos para subir e baixar por un xigantesco tobogán.
Quedábanos un paseiño polo casco vello de Santiago, entrando pola praza do obradoiro, coa catedral, un paseíño pola rúa do Franco ata a Alameda onde .... por fin .... comezou a chover, cando xa tiñamos que volver á casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario