Buscar neste blog

venres, 20 de decembro de 2024

FESTIVAL DE NADAL E PAPÁ NOEL

Aquí están á vosa disposición, para que descarguedes o que queirades. Son fotos e vídeos do último día de clase, antes das vacacións de Nadal FESTIVAL DE NADAL E PAPÁ NOEL E tamén a visita de Papá Noel

TURRÓN DE CHOCOLATE

Como unha actividade máis do Nadal disfrutamos facendo turrón de chocolate Aquí veredes como o fixemos Pero ademais poderedes probalo porque debería estar no frigorífico de todos os fogares.

Cine de Nadal

Cando están chegando as vacacións de Nadal todo o alumnado do noso colexio acudimos ao cine para ver a película ROBOT SALVAXE.

sábado, 14 de decembro de 2024

WOMBO BONGO CON GALEATRO

 Esta semana fomos ao Pazo da Cultura ver unha obra de teatro titulada Wombo Bongo, na que Galeatro nos contou unha historia sobre o perigoso que é pasar moito tempo xogando no ordenador.

Son mundos irreais que nos afastan cada vez máis da realidade. Hai que ter moito coidado de non pasar moito tempo con eles, ou viviremos fóra da realidade.


xoves, 5 de decembro de 2024

DÍA DA DISCAPACIDADE CON UN PASO MÁIS

Hoxe tivemos unha actividade moi especial cos colaboradores e colaboradoras de Un paso máis. 

Fixemos deporte adaptado co que nos puxemos no lugar 

  • dalguén que precisa unha cadeira de rodas, e tiramos a canasta sentados nunha delas,
  • no lugar dalguén que ten problemas para mover as pernas por algún problema ou accidente e ten que botar unha carreira, 
  • expresamonos sen poder falar e 
  • xogamos co balón sen poder ver. 

Así é máis doado sentir empatía, iso que nos di a profe de poñerse nos zapatos dos demais. 

 

Coñecendo a Francisco Miguel

 Hoxe tivemos unha actividade co historiador Hadrián Gharcía . Con el coñecemos ao pintor Francisco Miguel. 

Só foi o principio, porque a partir de agora imos recrear algunha das súas obras, coñecer a técnica de batik, e mooooitas máis cousas que se nos van ir ocorrendo. 

Aquí está o vídeo da actividade de hoxe. 


domingo, 1 de decembro de 2024

E así foi o obradoiro

 Preme AQUI  e verás a publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que fixo sobre ese día

domingo, 24 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por unha parte tocounos falar dos ornitólogos e concretamente da píllara das dunas. Aquí podes coñecer a píllara das dunas. E máis información premendo nos seguintes números 1 2 Por outra parte teremos un obradoiro sobre fósiles

Cartel_ciencia_galego_20241... by semprebenchegados

domingo, 10 de novembro de 2024

Alimentos dos cinco reinos: fungos, protistas, plantas e animais

Tivemos unha xornada de cociña. Producimos e degustamos cogomelos. Foi espectacular ver como medraron na aula. Dun día para outro brotaron e medraron rapidamente. Foi moi doado cociñalos, cun pouco de sal e aceite nunha tixola. Estaban moi bos. Despois fixemos sushi, con alga nori, do reino dos protistas, con arroz e aguacate do reino vexetal, e salmón, do animal. Unha boa experiencia e unha receita moi doada de facer.

IDEAS PARA FACER O TEU LAP BOOK

mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN

O SEGREDO DA TÍA XUANA

 Entre todo o alumnado de Quinto Nivel coñecemos algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición. 

Sabemos quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escollemos para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes. 



venres, 25 de outubro de 2024

Saída a Santiago

 Aquí podedes ver as fotos do día de hoxe.

Podedes descargar as que queirades. 


Saída a Santiago 

 

E aquí tedes ligazóns aos diferentes sitios que visitamos por se queredes ir outro día

Museo de Historia Natural

Museo do Pobo Galego

Cidade da Cultura

xoves, 24 de outubro de 2024

Alimentos dos cinco reinos: as bacterias

Probamos alimentos que conteñen moitas bacterias que son beneficiosas para o noso organismo. 

Temos o kéfir, mira AQUÍ as bacterias que conteñen os nódulos con que se fai.

E tamén a CREMA FRESCA. AQUÍ podes ver en que se utiliza, pero a nosa receita é máis doada de facer e moi saborosa. 

Mira o vídeo 

 

 

 

 E moi pronto outros alimentos doutros reinos.

xoves, 19 de setembro de 2024

Novo curso, nova andaina

 Comeza un novo curso e aquí está o grupo de alumnado que imos traballar xunt@s

Espérannos moitas actividades e experiencias xunt@s, moito que aprender e moito que disfrutar.

Aquí estamos, preparad@s, list@s, xa!!!


ENTROIDO 2025