Este 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, Para iso axudamos a facer un mural con iconos de cores facendo un precioso Arco da Vella.
Despois tamén buscamos as mellores cualidades d@s nos@s compañeir@s e contribuímos a crear a árbore da Paz. Tamén coñecemos algo máis a Gandhi, John Lennon e Malala.
Despois do festival e do recreo tiñamos fame, pero non por moito tempo, pois a Anpa invitounos a chocolate con churros e compartimos merenda cos compañeiros e compañeiras do primeiro andar.
Como nos dixeron que tiñamos que presentar o festival e que había que vir guapos e elegantes aproveitamos para sacar unhas fotos moi especiais posando como verdadeir@s modelos.
No proxecto competencial seguimos coñecendo os países do alumnado, e desta vez, seguindo co ciclo festivo investigamos como se celebra o Nadal en Brasil, Venezuela, Filipinas e México.
Os nosos compañeiros Jéssica e Gabriel formaron parte do xurado do concurso da postal e cartel de Nadal do Concello de Carballo, Alí tiveron un arduo traballo para escoller as mellores.
Hoxe foron invitados para axudar na entrega de premios. Daba gusto velos desempeñar esa nova función para eles.
O día 14, un xoves de mercado coma sempre, o alumnado de quinto e sexto nivel puxemos e atendemos un posto no Mercado de Abastos.
Agradecemos ao Concello e aos traballadores e traballadoras do Mercado todas as facilidades que nos deron.
Foi moi boa experiencia, na que non faltou a publicidade, o márketing, o bo trato coa clientela, a amabilidade en todo momento, e como non, tamén as ganancias.
Esta semana tivemos unha actividade moi interesante para coñecer mellor a nosa contorna.
Trátase da actividade ESPÍAS NO BOSQUE, con Senda Nova, coa que aprendemos a descubrir os animais que viven na nosa contorna.
Comezamos luns cunha actividade na aula, coñecendo os posibles animais que podemos atopar se saímos ao bosque, tamén curioseamos nunha caixa de indicios e Jose ensinounos como preparar un caderno de indicios para recoller as nosas propias descubertas.
O venres fomos á Laracha, concretamente á parroquia de Montemaior, e alí fixemos unha andaina polo río Bardoso. Descubrimos pasos de fauna, intentamos descobrer de que eran os excrementos que atopamos, saltamos regatos, usamos o noso caderno de indicios, e gozamos dunha fermosa mañá no medio da natureza,
Non todo foi ler e escribir....
Tamén experimentamos coa súa gastronomía
E aquí tedes como fixemos BRIGADEIROS
E rematamos cunha caipirinha SEN ALCOOLH