Mira o vídeo e despois vai premendo nas imaxes, onde atoparás distintas actividades sobre o autor homenaxeado este ano
Mira o vídeo e despois vai premendo nas imaxes, onde atoparás distintas actividades sobre o autor homenaxeado este ano
O 11 de Marzo ameazaba chuvia, pero aínda así fomos a Santiago e hai que ver o ben que o pasamos.
Comezamos no Museo de Historia Natural, onde as Anas nos ensinaron moitísimas cousas sobre os seres vivos e tamén sobre minerais, rochas, xemas, meteoritos, fósiles....
Ata un Scape Room tivemos.
Despois, no Museo do Pobo Galego seguimos un xogo de pistas averiguando moita información en equipo.
Xantamos na Cidade da Cultura e aproveitamos para subir e baixar por un xigantesco tobogán.
Quedábanos un paseiño polo casco vello de Santiago, entrando pola praza do obradoiro, coa catedral, un paseíño pola rúa do Franco ata a Alameda onde .... por fin .... comezou a chover, cando xa tiñamos que volver á casa.
O 8 de marzo celebramos o día da Muller. Tocounos estudar a unha muller importante porque o seu traballo viaxou no Titanic. Era Concepción Rodríguez, mestra e palilleira da Ponte do Porto Aquí vedes a exposición de libros de de todas as mulleres do Camiño dos Faros que estudamos entre todo o colexio.
Seguindo co Camiño dos Faros temos a historia dunha muller do Concello de Camariñas, a onde nós chegamos na nosa etapa, que traballaba facendo puntillas de encaixe e que o seu traballo está relacionado co Titanic.
Queres coñecer a súa historia?
Pois vai premendo nas imaxes e le
Que ganas tiñamos de festa!
Comezamos co xoves de compadres, continuamos co xoves de comadres, e que comadres!, e hai que ver como celebramos o venres do entroido.
Fixemos un desfile por todo o barrio, merendamos chocolate e despois menudo fin de festa con baile incluído.
Xa nos tarda o do ano vindeiro.
Celebramos o día de Rosalía aportando o noso poema ao pensamento, flor preferida da poetisa.
Despois fixemos unha ximcana na biblioteca buscando libros agochados, para o que seguimos pistas ata atopalos. O premio, o agasallo dun fermoso pensamento que imos coidar na clase.
Aínda que cun pouco retraso con respecto ao día dos Namorados, celebrámolo coidando os nosos corazóns. Para iso unha boa carreira onde gañamos todos e todas un pouco máis de saúde.