Buscar neste blog
domingo, 24 de novembro de 2024
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Por unha parte tocounos falar dos ornitólogos e concretamente da píllara das dunas.
Aquí podes coñecer a píllara das dunas.
E máis información premendo nos seguintes números 1 2
Por outra parte teremos un obradoiro sobre fósiles
domingo, 10 de novembro de 2024
Alimentos dos cinco reinos: fungos, protistas, plantas e animais
Tivemos unha xornada de cociña.
Producimos e degustamos cogomelos. Foi espectacular ver como medraron na aula. Dun día para outro brotaron e medraron rapidamente. Foi moi doado cociñalos, cun pouco de sal e aceite nunha tixola.
Estaban moi bos.
Despois fixemos sushi, con alga nori, do reino dos protistas, con arroz e aguacate do reino vexetal, e salmón, do animal.
Unha boa experiencia e unha receita moi doada de facer.
xoves, 7 de novembro de 2024
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
O relevo de costa , una ficha interactiva de Piriquitera live worksheets.com O relevo de interior , una ficha interactiva de Pi...
-
E como unhas cousas levan a outras, non íamos botar a perder a pinturaa de tea que nos sobrou dos disfraces, así que pintamos unhas bolsas c...