Xa podes ver as fotos destes días nos seguintes álbumes.
Non tés por que descargar todo, so as que che interesen. Clica nelas e dálle a descargar.
Están por días.
Aquí tés as do venres:
Aquí están as do sábado:
E as do domingo:
Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A Coruña.
Alí dúas profes ensináronnos o que era o emprendemento e como facer o noso proxecto de emprendemento do concurso Atrévete . A ver se nos imos atrevendo....
Despois ensináronnos todo o centro, onde hai moitas posibilidades de Formación Profesional: madeira, automoción, peluquería e estética, etc....
Tamén nos ensinaron A Vieira, unha casa bioclimática que aproveita a súa orientación e a súa forma, cunha viseira, para que entre máis sol no inverno e menos no verán, tamén unha cociña solar, que quentou a pota aínda que había nubes....
Despois de xantar e troulear un pouco na praia de Riazor fomos andando polo paseo marítimo de A Coruña ata o Muncyt, onde un monitor moi amable nos guiou por todo o museo explicándonos e facéndonos descubrir cun xogo moooooooitas cousas de todo o que alí se exhibe.
Un día moi completo.
Seguindo co proxecto Sempre Benchegados viaxamos estas semanas a Filipinas e hoxe tocou degustar a súa gastronomía. Fixemos un prato moi tradicional, o polo en adobo filipino, con salsa de soia, vinagre e polo. Podes ver como o fixemos paso a paso no vídeo.
Tamén probamos un brazo de Mercedes de sobremesa, aínda que nunha versión libre.
Pero estaba rico, rico.
Durante todo o curso , e no trimestre que nos queda, tivemos un achegamento á prensa a través de moitas actividades. Nas dúas linguas aprendemos a escribir novas, e tamén a interpretalas.
Participando no Programa de La Voz de Galicia, La Voz en la Escuela, tivemos xornal todos os días que aproveitamos para descubrir:
- o que o cambio climático está provocando moi preto de nós....
Como rapazas moi preto de nós se converten en grandes científicas....
E moito, moito máis:
Un ano máis participamos na SEMANA DO LIBRO E A LECTURA que organizan desde o Concello.
Ademais de ver a exposición dos traballos dos distintos colexios tivemos unha sesión de contacontos con SOLEDAD FELLOZA,
Estas son as fotos que sacamos aquel día.
Durante os meses de marzo e abril e dentro do programa Eduemprende o noso alumnado participou no Gran Tour por todas as Comunidades Autónomas do proxecto SEGURA MENTE, no que ademais de lembrar moitos coñecementos de todas as Comunidades, aprenderon a gastar os cartos de forma razoada, deixando algúns para os imprevistos, aforrando, escollendo entre distintas opcións de gastos, etc, iso si, sempre de forma divertida. Estas son algunhas das fotos que sacamos.
Tivemos este xoves unha actividade moi interesante.
Sergio, un garda civil que xa coñecemos desde hai tempo veunos falar do Ciberacoso, e aprendemos moitas cousas interesantes para protexernos nas redes sociais.
A charla formaba parte do Plan Director da Garda Civil.
Se premes na imaxe atoparás moita información ao respecto.
Este 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, Para iso axudamos a facer un mural con iconos de cores facendo un precioso Arco da Vella.
Despois tamén buscamos as mellores cualidades d@s nos@s compañeir@s e contribuímos a crear a árbore da Paz. Tamén coñecemos algo máis a Gandhi, John Lennon e Malala.