Buscar neste blog

sábado, 25 de novembro de 2023

NADAL NO MUNDO

 Xa coñecemos un pouco mellor Venezuela e Brasil.

No vindeiro ano coñeceremos tamén México, Filipinas, Paquistán e quen sabe cantos países máis.

Agora chega o Nadal así que toca investigar como se celebra o Nadal neses países.

Se premes na imaxe vas atopar moitas ligazóns que che falan das datas, das celebracións, rituais, música, gastronomía....

Con iso vas ter que facer un traballo en grupo , así que vai mirando



venres, 24 de novembro de 2023

PARA SABER DO NADAL DE GALICIA

  Se premes na imaxe abrirase unha recompilación de recursos cos que aprenderás moito do Nadal en Galicia



mércores, 22 de novembro de 2023

BRASIL

Aquí temos a recompilación do investigado sobre Brasil polo alumnado de Sexto Nivel sobre o país de Gabriel.

Brasil Mural by semprebenchegados on Scribd

Non todo foi ler e escribir.... Tamén experimentamos coa súa gastronomía E aquí tedes como fixemos BRIGADEIROS
E rematamos cunha caipirinha SEN ALCOOLH

venres, 17 de novembro de 2023

ENREGUEIFÁMONOS

Pois sí, con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira tivemos un achegamento á regueifa, e estamos dispost@s a intentalo. 


sábado, 11 de novembro de 2023

ENREGUEIFATE

Pois si, nós temos madeira regueifeira e por iso imos participar nun obradoiro esta semana

luns, 16 de outubro de 2023

xoves, 12 de outubro de 2023

VENEZUELA

Despois de algo máis dun mes de investigación aquí está o que aprendemos do país de Octavio e Samara: Venezuela

domingo, 8 de outubro de 2023

VENEZUELA E LONDRES

Despois dun mes inmersos en dous países: o grupo de Sexto Nivel investigando o país de Octavio, Venezuela, e elaborando todo un dossier sobre ese país e o grupo de Quinto Nivel coñecendo a William Foog e Passepartou en Londres, e partindo con eles na súa viaxe dando a volta ao mundo toca agora disfrutar un pouco da gastronomía dos dous países. Así que sexto elaborou tequeños e arepas venezolanos e quinto un aromático té con pastas. Cos convites duns e outros gozamos todo o grupo dun xantar exquisito. Esperámosvos na seguinte etapa dos nosos viaxes...

domingo, 1 de outubro de 2023

SEMANA DA MOBILIDADE. ROTEIROS LITERARIOS

O último luns de setembro foi moi especial. En Carballo celebrábase a semana da Mobilidade , e fomos facer un Roteiro literario por todo o pobo. Percorremos un montón de recunchos que aparecen en distintas obras literarias. Na rotonda da Ponte da Pedra esperamos a Hadrián que nos foi levando, coa súa maleta por todo o percorrido. Claro que antes tivemos un anaquiño que aproveitamos no parque. E rematamos xantando algo tan de Carballo como pan e chocolate.

sábado, 16 de setembro de 2023

SEMENTEIRA EN SETEMBRO

Despois de recollida a colleita toca enriquecer a terra cun pouco esterco ecolóxico (hai que ver o que fedía) e facer a seguinte sementeira que esperamos dea os seus froitos no inverno: grelos, brócoli, coliflor e algún romanescu. Toca esperar, e no medio, se cumpre, regar.

martes, 12 de setembro de 2023

HORTA EN SETEMBRO

 Que ben comezar o curso con tan abondosa colleita.



Comezamos en VENEZUELA

 

PREME NESTAS LIGAZÓNS      1      2      3      4    


BENVID@S AO CURSO 23-24

Comeza unha nova andaina con ilusións, novidades, e moitas ganas de estar xuntos e xuntas de novo.

Unha das novidades é o proxecto que guiará os nosos pasos ao longo de todo o mundo. 

O alumnado de Quinto Nivel seguirá a William Foog dando a volta ao mundo en 80 días (ou un pouco máis), e o de Sexto Nivel fará un achegamento aos distintos paises do alumnado, así que todos e todas partiremos de Galicia, (Europa) e pasaremos por África, Asia e América. Neste blog iremos contándovos aas nosas aventuras



 

luns, 19 de xuño de 2023

xoves, 15 de xuño de 2023

Picnic con hamburguesas

Aproveitando o bo día que tivemos hoxe xantamos xunt@s todo o alumnado de Sexto e Quinto nivel nas zonas verdes do colexio. Cociñamos nós mesm@s unhas saborosísimas hamburguesas. Ricas, ricas..... Ah, e non faltou a sobremesa e a sesión musical.

ENTROIDO 2025