Buscar neste blog

martes, 23 de maio de 2023

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

 Polas Letras Galegas tivemos unhas actividades especiais. Disfrutamos dun contacontos onde aprendemos moito sobre o coidado do medio ambiente.


Preparamos un traballo sobre o hórreo, e preparamos un  mural para a carreira da lingua onde aprendemos moito vocabulario.




SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

 Participamos na Semana do Libro e a lectura  acudindo a un Contacontos con Celso Fernández Sanmartín que nos contou varias historias e ensinounos trabalinguas que nos gustaron moito.

Tamén visitamos a exposición con traballos de todos os colexios de Carballo como podemos ver nestas fotografías. 






CONCURSO VALENTINA

Participamos no concurso Valentina que convoca Maruxas de  nata. Estes foron os nosos debuxos falando da inclusión. 



Horta primaveral

 A nosa horta xa ten unhas preciosas patacas, as acelgas e espinacas xa poden recollerse e aproveitamos para regar as fabas e plantar cabazas que recolleremos no outono,...., se temos sorte. 



martes, 2 de maio de 2023

domingo, 23 de abril de 2023

VISITA AO MERCADO E MENÚ SAUDABLE

 Despois de ir ao mercado de Carballo, para comprar produtos de proximidade fixemos un Menú saudable entre os cursos de cuarto, quinto e sexto que consistiu en:

- Torradas de pan con aceite, queixo fresco e tomate

- Ensalada de pasta con conservas e aceitunas

- Macedonia e pinchos de froitas



DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

 A coincidencia de datas fixo que decidísemos colgar nas árbores as nosas poesías



Visita de Alcer. Lección de Solidaridade

 Tivemos a visita de ALCER, coa que coñecemos a historia de Iria, unha rapaza coma nós, cunha enfermidade renal que grazas a un transplante de ril volve ter unha vida normal coma a de calquera de nós. 






martes, 28 de marzo de 2023

HORTA DE MARZO

Coa primavera decidimos coidarnos producindo os nosos alimentos sementando na horta. Así teremos produtos frescos, ecolóxicos, e que non producirán contaminación porque non teñen que ser transportados. Comezamos preparando a terra, deixándoa sen unha soa herba, sementamos patacas, feixóns, espinacas, acelgas, amorodos,.... e regamos. Tamén unhas poucas herbas aronáticas para facer máis ricas as comidas que queremos cociñar . Agora toca esperar e coidar a horta. Xa vos iremos contando.

VISITA DE JOSÉ JIMÉNEZ BORJA

Seguimos traballando no noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este 2.º trimestre é a quenda do cóidote e... quen nos coida a nós?

José Jiménez Borja é un claro exemplo de entrega á sociedade pois é policía local e ademais, superando moitos prexuízos sociais e a base de esforzo, é o primeiro policía xitano de Galicia 🚓🚔 Emociónanos saber que a ubicación do colexio lle trouxo recordos da súa infancia que estaban ligados á feira de Carballo 😍

Un orgullo ter compartido contigo a xornada do 24 de marzo. Moitas grazas por facelo posible 💕

 

Día da muller e a nena na ciencia


 

O 17 de marzo celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS. Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado Aquí podedes ver un vídeo que recolle a actividade

 

COMPOSTEIRO

Do Concello ofrecéronnos participar nun proxecto para ser produtores de compost, a partir dos residuos orgánicos que producimos cada día cos restos que nos quedan do que traemos para o recreo. 

Explicáronnos como facer o compost, trouxeron todo o preciso, montamos o composteiro, e xa comezamos a producilo.



UN MUNDO MÁIS SUSTENTABLE

 Preme na imaxe para facer algunhas actividades



luns, 27 de marzo de 2023

Etapa 4.- Suez - Exipto

 

 

 Preme nas imaxes para ter máis información e actividades




 E sobre a Canle de Suez preme nos números  1 2 3

 

ENTROIDO 2025