Buscar neste blog

domingo, 23 de abril de 2023

VISITA AO MERCADO E MENÚ SAUDABLE

 Despois de ir ao mercado de Carballo, para comprar produtos de proximidade fixemos un Menú saudable entre os cursos de cuarto, quinto e sexto que consistiu en:

- Torradas de pan con aceite, queixo fresco e tomate

- Ensalada de pasta con conservas e aceitunas

- Macedonia e pinchos de froitas



DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

 A coincidencia de datas fixo que decidísemos colgar nas árbores as nosas poesías



Visita de Alcer. Lección de Solidaridade

 Tivemos a visita de ALCER, coa que coñecemos a historia de Iria, unha rapaza coma nós, cunha enfermidade renal que grazas a un transplante de ril volve ter unha vida normal coma a de calquera de nós. 






martes, 28 de marzo de 2023

HORTA DE MARZO

Coa primavera decidimos coidarnos producindo os nosos alimentos sementando na horta. Así teremos produtos frescos, ecolóxicos, e que non producirán contaminación porque non teñen que ser transportados. Comezamos preparando a terra, deixándoa sen unha soa herba, sementamos patacas, feixóns, espinacas, acelgas, amorodos,.... e regamos. Tamén unhas poucas herbas aronáticas para facer máis ricas as comidas que queremos cociñar . Agora toca esperar e coidar a horta. Xa vos iremos contando.

VISITA DE JOSÉ JIMÉNEZ BORJA

Seguimos traballando no noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este 2.º trimestre é a quenda do cóidote e... quen nos coida a nós?

José Jiménez Borja é un claro exemplo de entrega á sociedade pois é policía local e ademais, superando moitos prexuízos sociais e a base de esforzo, é o primeiro policía xitano de Galicia 🚓🚔 Emociónanos saber que a ubicación do colexio lle trouxo recordos da súa infancia que estaban ligados á feira de Carballo 😍

Un orgullo ter compartido contigo a xornada do 24 de marzo. Moitas grazas por facelo posible 💕

 

Día da muller e a nena na ciencia


 

O 17 de marzo celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS. Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado Aquí podedes ver un vídeo que recolle a actividade

 

COMPOSTEIRO

Do Concello ofrecéronnos participar nun proxecto para ser produtores de compost, a partir dos residuos orgánicos que producimos cada día cos restos que nos quedan do que traemos para o recreo. 

Explicáronnos como facer o compost, trouxeron todo o preciso, montamos o composteiro, e xa comezamos a producilo.



UN MUNDO MÁIS SUSTENTABLE

 Preme na imaxe para facer algunhas actividades



luns, 27 de marzo de 2023

Etapa 4.- Suez - Exipto

 

 

 Preme nas imaxes para ter máis información e actividades




 E sobre a Canle de Suez preme nos números  1 2 3

 

mércores, 15 de marzo de 2023

REPASO PORCENTAXES

Porcentaje, una ficha interactiva de SrAlbelo
liveworksheets.com
Descuentos, una ficha interactiva de JAQUELINEPUGA
liveworksheets.com
Porcentajes, una ficha interactiva de catuxavillamarin
liveworksheets.com

ORTOGRAFÍA LENGUA ESPAÑOLA

Diptongos e hiatos, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

ORTOGRAFÍA LINGUA GALEGA

O til diacrítico, una ficha interactiva de LPR95
liveworksheets.com
acento diacrítico, una ficha interactiva de mestra
liveworksheets.com
Ditongo e hiato, una ficha interactiva de pameabraldes
liveworksheets.com

sábado, 25 de febreiro de 2023

SAÍDA A SANTIAGO

O día 23 de febreiro fixemos unha saída a Santiago de Compostela. Comezamos cunha visita guiada ao Museo de Historia Natural , despois, moi preto de alí, no Auditorio tivemos un concerto de música tradicional. Como chovía fomos xantar á Cidade da Cultura, onde tivemos incluso tempo de xogar polos seus xigantescos tobogáns e por último fomos ao Museo do Pobo Galego, onde fixemos un par de xogos de pistas para coñecelo mellor.

DESFILE E FESTA DO ENTROIDO 2023

SEGUNDA COLLEITA DE COGOMELOS NA AULA

SEMANA DO CORAZÓN

 Coincidiu a Semana do Corazón coa preparación do Entroido, e así fixemos que as actividades fosen ao mesmo tempo para coidar o noso corazón e para ir quentando os motores para o Entroido





ENTROIDO 2025