Buscar neste blog

mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN

O SEGREDO DA TÍA XUANA

 Entre todo o alumnado de Quinto Nivel coñecemos algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición. 

Sabemos quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escollemos para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes. 



venres, 25 de outubro de 2024

Saída a Santiago

 Aquí podedes ver as fotos do día de hoxe.

Podedes descargar as que queirades. 


Saída a Santiago 

 

E aquí tedes ligazóns aos diferentes sitios que visitamos por se queredes ir outro día

Museo de Historia Natural

Museo do Pobo Galego

Cidade da Cultura

xoves, 24 de outubro de 2024

Alimentos dos cinco reinos: as bacterias

Probamos alimentos que conteñen moitas bacterias que son beneficiosas para o noso organismo. 

Temos o kéfir, mira AQUÍ as bacterias que conteñen os nódulos con que se fai.

E tamén a CREMA FRESCA. AQUÍ podes ver en que se utiliza, pero a nosa receita é máis doada de facer e moi saborosa. 

Mira o vídeo 

 

 

 

 E moi pronto outros alimentos doutros reinos.

xoves, 19 de setembro de 2024

Novo curso, nova andaina

 Comeza un novo curso e aquí está o grupo de alumnado que imos traballar xunt@s

Espérannos moitas actividades e experiencias xunt@s, moito que aprender e moito que disfrutar.

Aquí estamos, preparad@s, list@s, xa!!!


venres, 21 de xuño de 2024

FESTIVAL E DESPEDIDA

 Agora si que chegou o momento de dicir ADIÓS, e comezar outra andaina que non será peor que a que rematades, senón diferente.

Foi un pracer compartir estes anos con vós. Sempre quedaredes no meu corazón, espero que tamén nas miñas retinas de cando en vez. 

Quérovos!!!

Premede na imaxe e teredes o álbum do día de hoxe.


Deixo aquí abaixo o vídeo que gravamos no último ensaio. Creo que paga a pena escoitalo sen ruído.

 


E moitas grazas á mamá de Samuel S. que nos agasallou con este vídeo tan chulo

domingo, 16 de xuño de 2024

ATRÉVETE A TER UNHA IDEA

Aquí podedes ver os vídeos de ideas de empresas que presentamos ao Concurso de Eduemprende "Atrévete a ter unha idea" Haberá entre eles algún premio? Non importa se é así, importan as boas ideas que tiveron todos e todas as participantes.

VISITA AO IES ALFREDO BRAÑAS E TEATRO

A maior parte do alumnado de sexto nivel irán o curso vindeiro ao IES ALFREDO BRAÑAS, así que fomos coñecer o instituto e alí invitáronos a unha obra de teatro "Quen quere ser princesa? Coñecedes a algún actor ou actriz? Fixádevos ben

mércores, 12 de xuño de 2024

COMIDAS DE TODO O MUNDO

Para rematar a súa viaxe polo mundo acompañando a Willie Foog, despois de tantos países visitados, o grupo de quinto nivel convidou ao de sexto a un xantar con comida de todo o mundo. Mirade neste vídeo o que trouxeron e que estaba tan rico.

luns, 10 de xuño de 2024

SURF

 Menudo día pasamos na praia cos de Boaola. 

Se premes na seguinte imaxe poderás ver todas as que fixemos esta xornada tan especial



ENTROIDO 2025