Aquí podedes ver os vídeos de ideas de empresas que presentamos ao Concurso de Eduemprende "Atrévete a ter unha idea"
Haberá entre eles algún premio?
Non importa se é así, importan as boas ideas que tiveron todos e todas as participantes.
A maior parte do alumnado de sexto nivel irán o curso vindeiro ao IES ALFREDO BRAÑAS, así que fomos coñecer o instituto e alí invitáronos a unha obra de teatro "Quen quere ser princesa?
Coñecedes a algún actor ou actriz?
Fixádevos ben
Para rematar a súa viaxe polo mundo acompañando a Willie Foog, despois de tantos países visitados, o grupo de quinto nivel convidou ao de sexto a un xantar con comida de todo o mundo.
Mirade neste vídeo o que trouxeron e que estaba tan rico.
Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A Coruña.
Alí dúas profes ensináronnos o que era o emprendemento e como facer o noso proxecto de emprendemento do concurso Atrévete . A ver se nos imos atrevendo....
Despois ensináronnos todo o centro, onde hai moitas posibilidades de Formación Profesional: madeira, automoción, peluquería e estética, etc....
Tamén nos ensinaron A Vieira, unha casa bioclimática que aproveita a súa orientación e a súa forma, cunha viseira, para que entre máis sol no inverno e menos no verán, tamén unha cociña solar, que quentou a pota aínda que había nubes....
Despois de xantar e troulear un pouco na praia de Riazor fomos andando polo paseo marítimo de A Coruña ata o Muncyt, onde un monitor moi amable nos guiou por todo o museo explicándonos e facéndonos descubrir cun xogo moooooooitas cousas de todo o que alí se exhibe.
Seguindo co proxecto Sempre Benchegados viaxamos estas semanas a Filipinas e hoxe tocou degustar a súa gastronomía. Fixemos un prato moi tradicional, o polo en adobo filipino, con salsa de soia, vinagre e polo. Podes ver como o fixemos paso a paso no vídeo.
Tamén probamos un brazo de Mercedes de sobremesa, aínda que nunha versión libre.