liveworksheets.com
liveworksheets.com
liveworksheets.com
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Coincidiu a Semana do Corazón coa preparación do Entroido, e así fixemos que as actividades fosen ao mesmo tempo para coidar o noso corazón e para ir quentando os motores para o Entroido
Este venres tocounos un obradoiro de máscaras con Lucía, da Escola Galega de Consumo, que ademais de traernos os materiais para facer nós mesmos unha máscara de peliqueiro ensinounos que os disfraces son un xoguete máis e os coidados que temos que ter cando mercamos un.
Quedounos claro que temos que andar con ollo á hora de mercar, pois poden resultar perigosos polo material do que están feitos que pode inflamarse, non son axeitados á idade , teñen publicidade engañosa,,,,
Aprendemos que temos alimentos que proceden dos cinco reinos dos seres vivos.
Para comezar fixemos sushi, para o que utilizamos:
Neste vídeo podes ver o proceso completo para facelo e podes probalo.
Para rematar podes engadirlle un pouco de salsa de soia, ou un pouco vinagre se non a tés.
Do reino dos fungos e das bacterias probamos o kéfir, que está formado por fermentos (fungos) e bacterias
E preme AQUÍ se queres máis información
Comezamos o ano coa compañía do libro de Julio Verne "LA VUELTA AL MUNDO EN OCHENTA DÍAS" Con el imos viaxar arredor do mundo coñecendo os lugares que visita. Tés xa o teu libro?
Para facerte unha idea podes ver o seguinte vídeo, pero non esquezas que no libro atoparás moito máis...