Buscar neste blog

luns, 30 de xaneiro de 2023

SEGUNDA ETAPA DA VOLTA AO MUNDO. PARÍS

Imos coñecer agora o que visitou Phileas Phog na segunda etapa da viaxe. 
Foi unha pequena parada en París.
Coñecerás moitas cousas deste país se premes nos seguintes números
1 2 3 4 5 6 7 8 9
 

venres, 13 de xaneiro de 2023

ALIMENTOS DOS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS

Aprendemos que temos alimentos que proceden dos cinco reinos dos seres vivos. 

Para comezar fixemos sushi, para o que utilizamos:

  • Do reino dos protistas: láminas de alga nori.
  • Do reino vexetal: arroz e aguacate.
  • Do reino animal: salmón afumado 

 Neste vídeo podes ver o proceso completo para facelo e podes probalo.

Para rematar podes engadirlle un pouco de salsa de soia, ou un pouco vinagre se non a tés. 





Do reino dos fungos e das bacterias probamos o kéfir, que está formado por fermentos (fungos) e bacterias



E preme AQUÍ  se queres máis información


TOC TOC



luns, 9 de xaneiro de 2023

OS SERES VIVOS


 

 

Preme na imaxe


 

CAPÍTULO 1: LONDRES

A historia comeza en Londres. Vas investigar sobre a cidade, o país, o autor..... 

O AUTOR: JULIO VERNE.

Atoparás información premendo nestes números: 1  2  3  4

O PAÍS: REINO UNIDO

TURISMO     WIKIPEDIA    CIDADES

MÁIS

GASTRONOMÍA                    4

 A CIDADE: LONDRES

1    2    3    4

 

 

 

luns, 19 de decembro de 2022

Ano Viaxeiro de 2023

Comezamos o ano coa compañía do libro de Julio Verne "LA VUELTA AL MUNDO EN OCHENTA DÍAS" Con el imos viaxar arredor do mundo coñecendo os lugares que visita. Tés xa o teu libro? 


 Podes comezar a lelo, teno sempre na túa mochila porque o imos usar moitos días na aula.

Para facerte unha idea podes ver o seguinte vídeo, pero non esquezas que no libro atoparás moito máis...

 


xoves, 8 de setembro de 2022

150 ANIVERSARIO DE XESÚS SAN LUÍS ROMERO

Comeza o curso co anuncio de que no noso concello vaise celebrar o 150 aniversario dun veciño moi ilustre. Tanto como que o noso colexio ten o seu nome. Preme na imaxe e verás os actos que se están preparando.
E aquí podes ver polo miúdo a exposición que hai no colexio para coñecer a súa vida e obra.

xoves, 9 de xuño de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ainda que o Día do Medio Ambiente foi o domingo 5 de xuño nós celebrámolo hoxe indo a ver os carteis que puxeron no bosque. 

Que bonito foi ver o noso traballo no Bosque do Añón onde o pode ver todo o mundo. 

E que orgullo ver alí o noso nome.

 Pasamos unha mañá estupenda paseando ata alí e repasando as árbores que xa sabemos identificar. 

Tamén vimos os cambios propios da primavera, flores e froitos nalgunhas árbores.... 

E ata saímos na prensa. Podedes ver aquí un vídeo que publicaron nas redes. 

E no seguinte vídeo as fotos que fixeron ao longo da mañá.

TEATRO DO IES ALFREDO BRAÑAS

O alumnado de 4º, 5º e 6º nivel foI ao Pazo da Cultura invitado polo IES Alfredo Brañas. Alí disfrutamos dunha obra de teatro moi divertida. Moitas grazas pola invitación.

domingo, 5 de xuño de 2022

5 de XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ao longo do curso o noso alumnado investigou a través dunha webquest ou por medio de proxectos en Educación Infantil sobre a fauna e flora do Rio Anllóns . Aquí podedes ver os carteis que fixeron. Moi content@s porque o Concello de Carballo escolleu algúns deles para poñelos na beira do río e compartir así os nosos traballos. O día 7 estamos invitados á inauguración dos carteis.

Libriño Fauna e Flora Da Ribeira Do Anllóns by Consuelo Alvarez on Scribd

mércores, 1 de xuño de 2022

ENTROIDO 2025