Buscar neste blog

luns, 27 de maio de 2024

CONVIVENCIA FIN DE CURSO EN CAMPING OS FIEITÁS (O GROVE)

 


Xa podes ver as fotos destes días nos seguintes álbumes.

Non tés por que descargar todo, so as que che interesen.  Clica nelas e dálle a descargar. 

Están por días.

Aquí tés as do venres:

 

 

Aquí están as do sábado:

 

 

E as do domingo:

 


xoves, 9 de maio de 2024

SAÍDA A SOMESO E MUNCYT

 Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A Coruña.

Alí dúas profes ensináronnos o que era o emprendemento e como facer o noso proxecto de emprendemento do concurso Atrévete .  A ver se nos imos atrevendo....

Despois ensináronnos todo o centro, onde hai moitas posibilidades de Formación Profesional: madeira, automoción, peluquería  e estética, etc....

Tamén nos ensinaron A Vieira, unha casa bioclimática que aproveita a súa orientación e a súa forma, cunha viseira, para que entre máis sol no inverno e menos no verán, tamén unha cociña solar, que quentou a pota aínda que había nubes....

Despois de xantar e troulear un pouco na praia de Riazor fomos andando polo paseo marítimo de A Coruña ata o Muncyt, onde un monitor moi amable nos guiou por todo o museo explicándonos e facéndonos descubrir cun xogo moooooooitas cousas  de todo o que alí se exhibe.

Un día moi completo.


mércores, 8 de maio de 2024

COMIDA DE FILIPINAS

 Seguindo co proxecto Sempre Benchegados viaxamos estas semanas a Filipinas e hoxe tocou degustar a súa gastronomía. Fixemos un prato moi tradicional, o polo en adobo filipino, con salsa de soia, vinagre e polo. Podes ver como o fixemos paso a paso no vídeo. 

Tamén probamos un brazo de Mercedes de sobremesa, aínda que nunha versión libre.

Pero estaba rico, rico. 





MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por unha parte tocounos falar dos ornitólog...