Buscar neste blog
mércores, 21 de febreiro de 2024
SABORES DE MÉXICO
Seguindo co proxecto BENCHEGADOS , facemos unha paradiña nos sabores de MÉXICO
Fixemos tortas de millo con polo e verduriñas, queixadiñas con tortas de trigo, probamos moitas salsas, grazas á nai de Samuel que nolas proporcionou, e non nos faltou sobremesa, con laranxa con tajín, nin bebida, con auga de Xamaica.
Aquì podedes ver as fotos da actividade
E se queres practicar algunha receita podes premer AQUÍ
martes, 20 de febreiro de 2024
mércores, 14 de febreiro de 2024
sábado, 3 de febreiro de 2024
PLAN DIRECTOR da Garda Civil contra o Ciberacoso
Tivemos este xoves unha actividade moi interesante.
Sergio, un garda civil que xa coñecemos desde hai tempo veunos falar do Ciberacoso, e aprendemos moitas cousas interesantes para protexernos nas redes sociais.
A charla formaba parte do Plan Director da Garda Civil.
Se premes na imaxe atoparás moita información ao respecto.
DÍA DA PAZ
Este 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, Para iso axudamos a facer un mural con iconos de cores facendo un precioso Arco da Vella.
Despois tamén buscamos as mellores cualidades d@s nos@s compañeir@s e contribuímos a crear a árbore da Paz. Tamén coñecemos algo máis a Gandhi, John Lennon e Malala.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A C...
-
LUME, para o Primeiro Nivel Eu vou conmigo para o Segundo Nivel Caracol e Caracola para Educación Infantil