Buscar neste blog
sábado, 16 de setembro de 2023
SEMENTEIRA EN SETEMBRO
Despois de recollida a colleita toca enriquecer a terra cun pouco esterco ecolóxico (hai que ver o que fedía) e facer a seguinte sementeira que esperamos dea os seus froitos no inverno: grelos, brócoli, coliflor e algún romanescu.
Toca esperar, e no medio, se cumpre, regar.
martes, 12 de setembro de 2023
BENVID@S AO CURSO 23-24
Comeza unha nova andaina con ilusións, novidades, e moitas ganas de estar xuntos e xuntas de novo.
Unha das novidades é o proxecto que guiará os nosos pasos ao longo de todo o mundo.
O alumnado de Quinto Nivel seguirá a William Foog dando a volta ao mundo en 80 días (ou un pouco máis), e o de Sexto Nivel fará un achegamento aos distintos paises do alumnado, así que todos e todas partiremos de Galicia, (Europa) e pasaremos por África, Asia e América. Neste blog iremos contándovos aas nosas aventuras
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
O relevo de costa , una ficha interactiva de Piriquitera live worksheets.com O relevo de interior , una ficha interactiva de Pi...
-
E como unhas cousas levan a outras, non íamos botar a perder a pinturaa de tea que nos sobrou dos disfraces, así que pintamos unhas bolsas c...

