Buscar neste blog

martes, 28 de marzo de 2023

HORTA DE MARZO

Coa primavera decidimos coidarnos producindo os nosos alimentos sementando na horta. Así teremos produtos frescos, ecolóxicos, e que non producirán contaminación porque non teñen que ser transportados. Comezamos preparando a terra, deixándoa sen unha soa herba, sementamos patacas, feixóns, espinacas, acelgas, amorodos,.... e regamos. Tamén unhas poucas herbas aronáticas para facer máis ricas as comidas que queremos cociñar . Agora toca esperar e coidar a horta. Xa vos iremos contando.

VISITA DE JOSÉ JIMÉNEZ BORJA

Seguimos traballando no noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este 2.º trimestre é a quenda do cóidote e... quen nos coida a nós?

José Jiménez Borja é un claro exemplo de entrega á sociedade pois é policía local e ademais, superando moitos prexuízos sociais e a base de esforzo, é o primeiro policía xitano de Galicia 🚓🚔 Emociónanos saber que a ubicación do colexio lle trouxo recordos da súa infancia que estaban ligados á feira de Carballo 😍

Un orgullo ter compartido contigo a xornada do 24 de marzo. Moitas grazas por facelo posible 💕

 

Día da muller e a nena na ciencia


 

O 17 de marzo celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS. Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado Aquí podedes ver un vídeo que recolle a actividade

 

COMPOSTEIRO

Do Concello ofrecéronnos participar nun proxecto para ser produtores de compost, a partir dos residuos orgánicos que producimos cada día cos restos que nos quedan do que traemos para o recreo. 

Explicáronnos como facer o compost, trouxeron todo o preciso, montamos o composteiro, e xa comezamos a producilo.



UN MUNDO MÁIS SUSTENTABLE

 Preme na imaxe para facer algunhas actividades



luns, 27 de marzo de 2023

Etapa 4.- Suez - Exipto

 

 

 Preme nas imaxes para ter máis información e actividades




 E sobre a Canle de Suez preme nos números  1 2 3

 

mércores, 15 de marzo de 2023

REPASO PORCENTAXES

Porcentaje, una ficha interactiva de SrAlbelo
liveworksheets.com
Descuentos, una ficha interactiva de JAQUELINEPUGA
liveworksheets.com
Porcentajes, una ficha interactiva de catuxavillamarin
liveworksheets.com

ORTOGRAFÍA LENGUA ESPAÑOLA

Diptongos e hiatos, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

ORTOGRAFÍA LINGUA GALEGA

O til diacrítico, una ficha interactiva de LPR95
liveworksheets.com
acento diacrítico, una ficha interactiva de mestra
liveworksheets.com
Ditongo e hiato, una ficha interactiva de pameabraldes
liveworksheets.com

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por unha parte tocounos falar dos ornitólog...