Buscar neste blog
luns, 30 de xaneiro de 2023
30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ
Celebramos o día da Paz dun xeito moi bonito: facendo voar poemas de paz e de amor.
Nós escollemos o de Celso Emilio Ferreiro Teño un corazón senlleiro, que na voz de María sona fermosísimo.
ALIMENTOS DO REINO DOS FUNGOS
Cultivamos na aula uns cogomelos e quixemos probalos así que fixemos un revolto con ovos.
Así probamos alimentos de varios reinos:
- Os cogomelos, do reino dos fungos.
- Os ovos, do reino dos animais.
- O aceite de oliva, do reino dos vexetais, igual que o allo e o pirixel.
CHARLA COA DIETISTA...e máis
Estamos aprendendo moito sobre a alimentación, e este venres tivemos unha actividade moi interesante.
Veu Tania, unha nutricionista, que nos explicou como debemos alimentarnos para estar ben nutrid@s.
Trátase de ter unha alimentación variada e saudable.
Neste vídeo podedes ver algunhas das cousas que aprendemos.
O mellor foi o final,.... mirade e veredes.
SEGUNDA ETAPA DA VOLTA AO MUNDO. PARÍS
Foi unha pequena parada en París.
Coñecerás moitas cousas deste país se premes nos seguintes números
martes, 24 de xaneiro de 2023
venres, 13 de xaneiro de 2023
ALIMENTOS DOS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS
Aprendemos que temos alimentos que proceden dos cinco reinos dos seres vivos.
Para comezar fixemos sushi, para o que utilizamos:
- Do reino dos protistas: láminas de alga nori.
- Do reino vexetal: arroz e aguacate.
- Do reino animal: salmón afumado
Neste vídeo podes ver o proceso completo para facelo e podes probalo.
Para rematar podes engadirlle un pouco de salsa de soia, ou un pouco vinagre se non a tés.
Do reino dos fungos e das bacterias probamos o kéfir, que está formado por fermentos (fungos) e bacterias
E preme AQUÍ se queres máis información
martes, 10 de xaneiro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por unha parte tocounos falar dos ornitólog...
-
Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A C...