Buscar neste blog
domingo, 27 de febreiro de 2022
ORGULLOSA DO MEU GRUPO
ENTROIDO 2022
Que ganas tiñamos de festa!
Comezamos co xoves de compadres, continuamos co xoves de comadres, e que comadres!, e hai que ver como celebramos o venres do entroido.
Fixemos un desfile por todo o barrio, merendamos chocolate e despois menudo fin de festa con baile incluído.
Xa nos tarda o do ano vindeiro.
xoves, 24 de febreiro de 2022
CAMIÑO DOS FAROS. ETAPA 4 LAXE - AROU
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o día de Rosalía aportando o noso poema ao pensamento, flor preferida da poetisa.
Despois fixemos unha ximcana na biblioteca buscando libros agochados, para o que seguimos pistas ata atopalos. O premio, o agasallo dun fermoso pensamento que imos coidar na clase.
II CARREIRA DO CORAZÓN
Aínda que cun pouco retraso con respecto ao día dos Namorados, celebrámolo coidando os nosos corazóns. Para iso unha boa carreira onde gañamos todos e todas un pouco máis de saúde.
DIGICRAFT
Por fin comezamos co proxecto DIGICRAFT. Xa levamos unhas cuantas sesións nas que fixemos unha avaliación inicial, aprendemos a usar o Google Maps, o Asistente de Google, Barcode Scanner, o Tradutor... aplicacións coas que investigamos moitas cousas, entre elas a vida e obra de moitas mulleres Científicas o Día da Muller e a Nena na Ciencia
sábado, 19 de febreiro de 2022
martes, 15 de febreiro de 2022
luns, 7 de febreiro de 2022
O ENTROIDO EN GALICIA
Primeiro vas investigar con esta Caza do Tesouso
Preme na imaxe e segue as instrucións
E como xa saberás moitas cousas xa podes facer este Brincaletras
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Esta semana imos ter dúas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por unha parte tocounos falar dos ornitólog...
-
Formando parte do Programa de Eduemprende "Atrévete" hoxe fixemos unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional en A C...