Hoxe tivemos unha SORPRESA!!!!
Carabela veu contarnos a historia da súa nena de plástico e apareceu a quenlla para comela.
Case case o consegue, pero ensinoulle que era moito máis saudable a froita e a quenlla esqueceuse do churrasco de nena.
Aprendemos que os mares están cheos de plástico pero que todos e todas nós podemos contribuir a que non estean tan contaminados.
No canto de usar botellas de plástico para traer a auga ao cole imos empregar unha botella reutilizable coa que nos agasallou.
O Concello vainos instalar unha fonte e podemos usar a auga da billa que é moi sa.
A partires de agora.... MENOS PLÁSTICOS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario